CulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Virxe do Carme de Sober recibe un premio nacional de debuxo e narrativa

Alumnos de 1º e 2 de Primaria participaron nun concurso convocado pola firma Tetra Pak
Alumnos do CEIP Virxe do Carme de Sober.
Alumnos do CEIP Virxe do Carme de Sober.

Alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria do CEIP Virxe do Carme de Sober veñen de gañar o concurso “Un bosque de cuento” convocado a nivel nacional pola firma Tetra Pak (empresa multinacional fundada en Suecia, que deseña e produce solucións de envasado de cartón e procesamento para a industria alimentaria).

Tal como explican dende o Concello de Sober, a proba consistía en ilustrar e darlle continuidade a un conto. A historia tiña que ter como protagonista un bosque renovable e a Reciclón, que é un envase brik. “O xurado decidiu que o traballo dos nenos e nenas de Sober foi o mellor, polo que lles concede un premio de 1.500 euros en material escolar e unha tablet”.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, trasládalle os parabéns aos gañadores e “agradece tamén o apoio que os seguidores da rede social Facebook do Concello lle deron ao proxecto do CEIP Virxe do Carme”.

Artigos relacionados

Back to top button