SanidadeÚltima hora

O Centro de Saúde da Valenzá abrirá as súas portas o luns

 Entre os preto de 9.000 usuarios deste centro, o 16% son menores de 15 anos e por iso o Sergas aumentou o seu cadro de pediatría neste centro

 

A urbanización da contorna foi realizada polo Concello de Barbadás.

Os veciños de A Valenzá (Barbadás) estrearán seu novo centro de saúde este vindeiro luns, día 27 de marzo, para elo, ao longoda fin de semana, procederase ao traslado ata as novas instalacións, dotadas con novo equipamento e mobiliario, nas que o Servizo Galego de Saúde investíu un total de 3.202.662 euros, para mellorar a asistencia sanitaria aos seus preto de  9.000 usuarios.

 O novo conta cunha superficie de 1.952 metros cadrados, que triplica o espazo dispoñible na actualidade. As obras contaron co cofinanzamento, ao 80%, do programa operativo Feder e a urbanización da contorna do centro foi feita polo Concello de Barbadás.

Súa área asistencial repártese entre a Área de Medicina Xeral, situada na primeira planta, con once consultas, cinco médicas, cinco de enfermería e unha de saúde bucodental.

Área Materno-Infantil e saúde bucodental

A Área Materno-Infantil, sitúase na planta baixa, onde conta cunha consulta para enfermería obstétrico-xinecolóxica (matrona) e unha ampla sala-ximnasio, para levar a cabo actividades de educación maternal; como obradoiros e cursos de preparación ao parto e ao postparto. “Especialmente importantes nunha área de poboación cunha alta taxa de nacementos e poboación infantil”, sinalan dende o Sergas.

Segundo as cifras achegadas polo Servizo Galego de Saúde, a poboación infantil (de 0-14 anos) do Centro de Saúde de A Valenzá representa o 16% do total dos seus usuarios, con 1.431 menores de quince anos, polo que co obxectivo de mellorar súa atención, á Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense aumentou de un a dous pediatras, e unha enfermeira pediátrica mais.

Ademais das catro consultas de pediatría e de enfermería pediátrica, esta área Materno-Infantil complétase con salas de mostras, técnicas e sala polivalente, e unha Sala-Consulta da Muller, para a realización de exploracións xinecolóxicas, que inclúe revisións preventivas de cancro de mama e de útero, ademais de atención ao embarazo normal, menopausa e anticoncepción. Tamén na planta baixa, está situada unha consulta para atención de urxencias

A esperada ampliación de espazo do Centro de Saúde de A Valenzá permitirá incrementar progresivamente seus servizos, en función da súa actividade e necesidades, estando prevista a próxima posta en marcha da nova Área de Saúde Bucodental, dotando o centro con hixienista dental e odontólogo, sen necesidade de que seus veciños continúen desprazándose ao Centro de Saúde de A Carballeira, onde na actualidade son atendidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button