SanidadeÚltima hora

O CHUO incorpora un software para axilizar tratamentos de oncoloxía radioterápica

O novo sistema facilita os cálculos para a realización da programación individualizada.

O acceso a un avanzado software de última tecnoloxía para o Servizo de Oncoloxía Radioterápica do Complexo Hospitalario Universitario, permitíu implantar un novo sistema para, programar e realizar, determinados tratamentos dun xeito mais preciso, rápido e seguro, con menor exposición das áreas próximas ao tecido tumoral.

A radioterapia consiste no uso da radiación para o tratamento, principalmente, do cancro, coa finalidade de destruír as células tumorais causando o menor dano posible aos tecidos próximos ao tumor. Para elo, baseándose na indicación terapeútica dos especialistas do servizo de Oncoloxía Radioterápica, os radiofísicos realizan unha serie de complexos cálculos para programar a radiación do tumor.

O novo sistema, Radioterapia de Intensidade Modulada Volumétrica (V-MAT) é posible grazas a dotación por parte do Sergas, mediante o Contrato Socio-Tecnolóxico que recibíu a doazón da Fundación Amancio Ortega, dun “software” específico para a realización desta técnica, que supuxo un investimento superior aos 300.000 euros.

O novo aplicativo delimita mais precisamente á area a radiar e permite programar a rotación, do acelerador lineal de electróns, ao redor do paciente, á vez que varía, ou modula, e velocidade do xiro e a intensidade da radiación emitida.

Os tratamentos adminístranse en diferentes sesións, cuxa frecuencia e duración tamén vai a depender do tratamento indicado polo especialista en Radioterapia, en función do tipo de tumor, tamaño, localización e situación clínica do paciente.

Menor duración das sesións de tratamento

Luis Angel López Losada, responsable da Sección de Radiofísica do CHUO, destaca que o novo sistema tamén facilita os cálculos para a realización da programación individualizada dos tratamentos, de xeito mais preciso, e sobre todo a duración das sesións.

Para, María Dolores López Vázquez, xefa do Servizo de Oncoloxía Radioterápica, o novo sistema permite realizar tratamentos máis precisos, producindo o máximo dano  ao tumor e minimizando o efecto sobre os tecidos sans, o que permite realizar tratamentos moi complexos en menos de cinco minutos, co conseguinte acurtamento dos tratamentos.

Asemade, a principal vantaxe para os pacientes co novo sistema é súa indicación nos tumores de cabeza e pescozo, próstata e naqueles casos onde o tumor localízase próximo a un órgano, no que se debe minimizar a exposición. Esto supón unha importante mellora en ao redor do 30% dos 900 tratamentos que anualmente se realizan no Servizo de Oncoloxía Radioterápica de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button