CulturaCulturaÚltima hora

O ciclo “Magníficos” do Cineclube Padre Feijóo trae hoxe “Unha historia de tolos”

Fotograma do filme.

O Cineclube Padre Feijóo continua co seu ciclo “Magníficos” e desta volta trae un filme baseado na autobiografía do xornalista ourensán, José Antonio Gurriarán, contida no seu libro “A bomba”.

“Une histoire de fou” (Unha historia de Tolos), do director Robert Guédiguian, comeza nos anos 80 cando o mozo Aram, un marsellés de orixe armenia, fai explotar o coche do embaixador de Turquía en París. Nese momento, un ciclista que pasaba por alí é ferido de gravidade. A nai do terrorista séntese culpable e sente a necesidade de ir á habitación do hospital do ferido a para pedirlle perdón, algo que este non entende. Por outra banda, Aram, en contra da opinión dos seus compañeiros, decide ir coñecer á súa vítima.

https://www.youtube.com/watch?v=smucqIU1FNg

O filme proxectarase na Biblioteca Pública de Ourense ás 18:00, 20:30 e 23:00 horas. A entrada ten un custo de 4 euros para asociados e 5 euros para o público xeral.

Artigos relacionados

Back to top button