CulturaEducaciónÚltima hora

O CIFP A Farixa entrega os premios do concurso interno de Fotorrelatos

Borja Varela foi o gañador coa obra “Máis aló dunha mirada”
Participantes no concurso coas autoridades presentes no acto.
Participantes no concurso coas autoridades presentes no acto.

O luns 2 de marzo, o CIFP A Farixa de Ourense entregaba os premios do concurso de Fotorrelatos para alumnos e docentes do centro, no que resultou gañador Borja Varela Cid, coa obra “Máis aló dunha mirada”; o segundo premio foi para o traballo “A caída da folla”, de María Ramiro Soto, e o terciero para “Pegada a pegada faise o camiño”, de Celso Pousa Cebreiros.

O acto tiña lugar no salón de actos do centro, contando coa asistencia de numerosos alumnos e docentes, do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e da xefa territorial de Educación, Mercedes Gallego.

O concurso foi organizado polos departamentos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega, sendo o seu principal obxectivo “concienciar á poboación sobre a importancia de respectar o medio ambiente e defender e protexer o ámbito que nos rodea”. Ao certame concorreron 40 obras. As premiadas serán publicadas na web do centro e expostas na Biblioteca e pantallas informativas.

Entrega de premios no salón de actos do CIFP A Farixa.
Entrega de premios no salón de actos do CIFP A Farixa.

Artigos relacionados

Back to top button