O Cineclube Padre Feijóo propón unha película grega o para o luns e unha suíza o mércores

O Cineclube Padre Feijóo proxectará no seu “Luns de Filmoteca” co filme “Chevalier”, do director Yorgos Lanthimos e o guión de Efthymis Filippou e Athina Rachel Tsangari. Todos eles trasladan ao espectador a bordo dun pequeno iate no que seis homes fan unha competición por ser o mellor en todo o que fan. Unha comedia sobre a masculinidade na idade madura, é dicir, unha proposta dun envelenado xogo da masculinidade madura como elemento de estudo. Asemade, hai un transfundo onde se recordan os efectos finais da política económica actual en Grecia.

“Chevalier” será proxectada este luns, 20 de febreiro, na sala da Biblioteca Municipal de Ourense en dous pases; un ás 20:30 e outro ás 23:00. O custo da entrada será de 2 euros para asociados e 2,5 euros para o público xeral. O filme non está recomendado para menores de 12 anos.

Mércores

A proxección prevista para o mércores 22 de febreiro é o filme “Aloys”, do suízo Tobias Nölle. A trama está protagonizada por Aloys Adorn, un detective privado. Un lobo solitario cuxo traballo consiste en filmar a outras persoas, observándoas en segredo e permanecendo invisible. Un día, bébedo, durme nun autobús e, ao despertar, descobre que a súa cámara e as súas cintas foron roubadas. Posteriormente, recibe unha chamada misteriosa dunha muller que parece ter algo que ver con dito roubo.

“Aloys” proxectarase tamén na sala da Biblioteca Pública en tres sesións: 18:00, 20:30 e 23:00 horas. O custo das entradas será de 4 euros para asociados e 5 para público xeral. O filme non está recomendado para menores de 12 anos.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies