DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O club natación Escualos organiza a II travesía a nado Encoro Os Peares

A organización espera xuntar a uns 80 nadadores, entre adultos e nenos, na proba que se celebrará o 19 de xuño

Un ano despois da súa creación, o Club de Natación Escualos de Ourense prepara a II travesía a nado que se celebrará o vindeiro 19 de xuño a partires das 12 horas no encoro dos Peares.

Esta segunda edición da proba será por primeira vez competitiva, con premios como unha fin de semana nunha casa rural da Ribeira Sacra para os gañadores absolutos e trofeos artesanais para os tres primeiros de cada categoría. Ademais, outra novidade con respecto ao ano pasado é que haberá unha travesía infantil.

Así o explicaban na prsentación que tiña lugar na tarde do 3 maio no centro deportivo AQA Ourense á que asistían socios, familiares e amigos do club. Durante o acto, no que non faltou un aperitivo, entregáronse os carteis da travesía así como diplomas de agradecemento para os patrocinadores, ademais de expoñense o programa desta edición da travesía, na que a organización estima que poden darse cita uns 80 nadadores entre adultos e nenos.

A proba infantil será non competitiva, enfocada a nenos de entre 9 e 14 anos, que terán que realizar un percorrido duns 200 metros. A proba sénior será competitiva cun percorrido total de 2.000 metros.

Fotos: Club Natación Escualos.

Artigos relacionados

Back to top button