Galerías de fotosÚltima hora

O colexio Divina Pastora do Barco expón os beléns feitos polos alumnos

A través dun traballo cooperativo e por equipos os alumnos de Educación Primaria e 1º de ESO do colexio plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras, elaboraron unha serie de orixinais e fermosos beléns.

Tal como explican dende o colexio, a exposición dos nacementos estará na entrada do centro ata o vindeiro vernes 19 de decembro para que todo aquel que queira velos poda facelo en horario escolar.

Artigos relacionados

Back to top button