ConcellosÚltima hora

O Concello de Ribadavia organiza as “Xornadas de Seguridade para as Persoas Maiores”

 

Cartel das xornadas.

A Concellería de Benestar Social, en colaboración coa Policía Local de Ribadavia, organizan para a vindeira semana unhas “Xornadas de Seguridade para Persoas Maiores”

Segundo indican dende o Concello, estas xornadas “teñen entre outros obxetivos, os de sensibilizar a poboación maior sobre os atropelos e sobre a condución de vehículos a partir de certas idades”.

Así, o calendario establecido queda do seguinte xeito: O martes 28 de marzo, ás 16:00 horas, o Centro Social de San Paio acollerá estas xornadas. Ao días seguinte, mércores 29 de marzo tamén ás 16:00 horas, será a quenda do Centro Social San Cristovo. O día 30, xoves, as clases impartiranse no Departamento de Servizos Sociais de Ribadavia ás 16:00 horas e, por último, o venres 31 de marzo, concluirán o programa no Centro Social de Francelos á mesma hora.

Artigos relacionados

Back to top button