ConcellosÚltima hora

O Concello de Sober organiza a XVII edición do Baile á Luz da Lúa

Haberá un concurso e un concerto o venres 26 de agosto, ás 22 horas, na praza do Toural
Cartel do concurso de baile que se celebrará en Sober o venres.
Cartel do concurso de baile que se celebrará en Sober o venres.

O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, vén de anunciar que o próximo venres 26 de agosto se vai celebrar a XVII edición do Baile á Luz da Lúa. Organizado polo propio concello, voltará constar dun concurso de baile e un concerto musical a partires das 22 horas na Praza do Toural.

Primeiro haberá unha exhibición de baile a cargo de Manuel Roldán, mestre do obradoiro de baile impartido no municipio durante o mes de xullo. Nesa exhibición tamén participarán alumnos do taller celebrado.

Posteriormente, o concurso de baile comezará coa música da Banda de Música de Sober, que interpretará distintas pezas para as parellas participantes. Segundo anunciou o rexedor, “o concurso estará dotado de varios premios para os mellores bailaríns”.

Os interesados en participar deben inscribirse o propio día alí, ao inicio do baile. “O único requisito para poder asistir é ter ganas de bailar”, animou Guitián.

Artigos relacionados

Back to top button