ConcellosÚltima hora

Verín organiza unha feira solidaria para axudar aos máis necesitados da comarca

Celebrarase na Praza da Mercé o vindeiro domingo 15 de maio
A Feira Solidaria está organizada polo Concello de Verín.
A Feira Solidaria está organizada polo Concello de Verín.

Verín celebrará o vindeiro domingo 15 de maio a súa primeira edición da Feira Solidaria, un evento organizado polo concello que se levará a cabo na Praza da Mercé. A iniciativa pretende poñer en valor o labor das asociacións sen ánimo de lucro participantes e contará cun total de 15 entidades que ofrecerán productos e servizos con fins solidarios.

O obxectivo final da Feira Solidaria é recadar fondos para os colectivos máis necesitados da comarca de Monterrei. Segundo se indica, tamén se pretende proporcionar información sobre as distintas asociacións que participan no evento e os servizos que ofrecen e incluso conseguir apoio económico para poder seguir levando a cabo os seus proxectos.

Avanzan dende o concello que a Feira Solidaria tamén contará con actividades musicais, charlas e distintos obradoiros para todas as idades.

Artigos relacionados

Back to top button