EconomíaEconomía

O Conselleiro de Economía avaliou cos empresarios do Pereiro de Aguiar novas oportunidades de negocio

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, clausurou onte á tarde (5 de abril) unha xornada informativa no Pereiro da Aguiar na que participaron empresarios da comarca. Este networking “pretende ser un punto de encontro para que os empresarios coñezan as principais medidas que o Goberno galego está a poñer en marcha no sector co obxectivo de crear novas oportunidades de negocio”, sinalaron dende a Xunta.  Á súa vez, permite que o conselleiro escoite as propostas dos participantes de cara a seguir mellorando e ampliando as actuacións en materia empresarial na comunidade.

Tal e como explicou Conde, a Xunta prevé impulsar, a través do Programa Galicia Rural Emprende, o emprendemento e o emprego no medio rural galego, apoiando máis de 60 empresas con axudas de ata 70.000 euros. En total, esta liña de apoios destinará 2,5 millóns de euros a promover a diversificación produtiva mediante actividades non agrícolas como as de automoción, téxtil, aeronáutico, químico, medioambiental, TIC ou audiovisual, entre outros. O prazo de solicitude remata o 2 de maio.

No eido das liñas de apoio ás pemes galegas, o conselleiro salientou a Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020 que, a través de tres programas, permitirá a internacionalización de máis de 500 pemes galegas cun investimento de 8 millóns de euros.

Conde tamén enumerou as iniciativas que, desde a Xunta, tratan de poñer en valor a capacidade industrial, loxística e xeoestratéxica galega para atraer capital e empresas como a oficina “Doing Business”, a inversión en innovación e Industria 4.0 ou as liñas de axudas tanto para a mellora de infraestruturas en parques empresariais como para a creación de viveiros industriais.

Por outra parte, para favorecer a eficiencia enerxética e diminuir o consumo de enerxías convencionais nas empresas, a Xunta vén de abrir varias convocatorias de axudas para impulsar proxectos de xeotermia, aerotermia, solar térmica e biomasa. En concreto, destinaranse máis de 4,6 millóns de euros e apoios de ata 200.000 euros por proxecto no caso das axudas para biomasa e máis de 500.000 euros para o resto de enerxías renovables. Os interesados poderán solicitar estas axudas ata o 24 de abril.

 

Artigos relacionados

Back to top button