EconomíaEconomíaSen categorizarViticultura

O consello regulador lanza a campaña “Comparte un Valdeorras”

Consistirá nunha serie de imaxes promocionais que se colocarán en diferentes soportes
Imaxe promocional da campaña.
Imaxe promocional da campaña.

A Denominación de Orixe Valdeorras vén de lanzar unha nova campaña promocional: “Comparte un Valdeorras”. Con ela preténdese crear “imaxe e darnos a coñecer máis, porque se non te coñecen, non te poden vir visitar e temos que romper esa dinámica”, asegura o presidente do seu consello regulador, Xosé Luis García Pando.

A campaña consistirá nunha serie de imaxes promocionais que se colocarán en diferentes soportes: televisión, valados, redes sociais, etc. ata a celebración da XVII Feira do Viño de Valdeorras, que terá como escenario este ano, por vez primeira, O Barco.

Unha “imaxe fresca e divertida, dirixida ao público xove e unha vinculación á cultura galega son os dous eixos en torno aos que xira “Comparte Valdeorras”, que busca traballar o fortalecemento de marca, segundo explicaba o responsable da campaña, o director da axencia Evenpublic, Francisco Valdés .

O seu principal obxectivo é “mellorar o posicionamento da D.O. Valdeorrase potenciar o coñecemento dos seus viños no consumidor final, o cal revertirá nunha mellora da súa comercialización e, en definitiva, en garantir o futuro económico deste sector económico”, din os seus promotores.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button