EconomíaEconomíaViticultura

O control do mildio na vide, tema que abre as xornadas do Evega deste ano

O primeiro destes encontros técnicos terá lugar mañá 6 de abril no Centro Sociocultural de Sober (Lugo)

 

Cartel deste xornada organizada polo Evega.

 

“Estratexias de control do mildio na vide” é o título da primeira das xornadas técnicas que a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) organizará neste ano 2017. Está prevista para mañá, 6 de abril no Centro Sociocultural de Sober (Lugo).

O programa do encontro abrirase ás 9:30h. coa ponencia “O mildio na vide. Pasado, presente e futuro” de Pedro Mansilla, director da Estación Fitopatolóxica do Areeiro (Pontevedra). De seguido, a investigadora do Instituto Vasco de Investigación e Desenvolvemento Agrario, Ana Díez, falará sobre a “competencia do mildio: microorganismos antagonistas”.

Na segunda parte das xornadas Juan Jesús León, técnico de AGRI Nova Science, abordará a “Redución do uso de fitosanitarios e manexo de silicio contra o mildio na viña” e os técnicos José Ramón Gallego e Christophe Desvals centrarán a súa exposición nas “Novas moléculas para o control do mildio”.

Finalmente, terá lugar unha mesa redonda sobre “O control do mildio: perspectivas prácticas”, moderado pola tecnóloga do Evega, Emilia Díez. O programa completarase cunha cata de viños.

Nesta iniciativa tamén colaboran o Concello de Sober, o consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e o Instituto Galego da Calidade (INGACAL). Ademais inclúese dentro dos actos do denominado “Mes de Amandi”.

Máis información:
https://evega.xunta.gal/es/xornadas-tecnicas-estratexias-e-control-do-mildio-na-vide/

Artigos relacionados

Back to top button