EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O CRDO Valdeorras prorroga os orzamentos para o 2017

O 31 de marzo o presidente desta entidade informaba en pleno aos vogais de que a conselleira visitará a denominación en breve

 

Pleno ordinario celebrado polo CRDO Valdeorras o 31 de marzo.

 

A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, en Vilamartín, acollía na mañá do 31 de marzo unha sesión plenaria desta entidade. Nela o seu presidente, Francisco García, informaba de que se prorrogan para 2017 os orzamentos do organismo, ao estar a presidencia en funcións. Na xuntanza  tamén se daba luz verde á memoria de actividades de 2016 deste organismo, que recolle a totalidade das accións desenvolvidas polo Consello Regulado ao longo do pasado ano.

Ademais Francisco García comentaba que membros do gabinete da Consellería Medio Rural notificaron recentemente ao consello a intención da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, de visitar a comarca de Valdeorras para “coñecer, de primeira man, a realidade do sector vitivinícola da comarca. Durante a visita, que terá lugar, previsiblemente, o vindeiro martes, a titular de Medio Rural entrevistarase co presidente do Consello Regulador e desprazarase ata as instalacións dalgunhas das bodegas da zona”, segundo se indica dende o CRDO Valdeorras.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button