OurenseÚltima hora

O delegado e o subdelegado do Goberno, na celebración da patroa da UME

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, e o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, participaban, entre outras autoridades, na mañá do 7 de outubro en León na celebración da festividade da Nosa Señora do Rosario, patroa da Unidade Militar de Emerxencias (UME), que cumpre ademais dez años dende a súa creación en 2005.

O delegado do Goberno en Galicia e subdelegado do Goberno en Ourense, acudían a esta conmemoración en León.
O delegado do Goberno en Galicia e subdelegado do Goberno en Ourense, acudían a esta conmemoración en León.

Os actos, que incluían parada militar, imposición de condecoracións e desfile, desenvolvéronse na base “Conde de Gazola” de El Ferral del Bernesga, na provincia de León.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro; o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; o director xeral de Emerxencias, Luis Menor; e o subdelegado de Defensa en Ourense, Ramón Rey, nun dos momentos da celebración no que foron recibidos polo xeneral  Meijide.

Artigos relacionados

Back to top button