CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O deporte e o ensino homenaxeados na X Festa do Codillo da Rúa

Adrián Blanco, Luis Morillo e o CEIP Manuel Respino recibiron o recoñecemento por parte do Concello

Polos seus méritos deportivos, un no mundo do pádel e outro no mundo do tenis, Adrián Blanco Antelo e Luis Morillo Díaz eran dous dos homenaxeados nesta edición da Festa do Codillo da Rúa, nun acto que tiña lugar no mediodía do 28 de xaneiro no Centro Cultural Avenida.

Presentado pola propia alcaldesa da Rúa, María González Albert, Adrián Blanco era o primeiro en recoller a súa placa da man da propia alcaldesa e do tenente de alcalde de Almendralejo Carlos González, asegurando que é para el unha honra poder levar o nome da Rúa por todos os lugares nos que compite que cada vez son máis, inmerso como está no World Padel Tour. Non esqueceu de dar as grazas á súa familia e aos patrocinadores.

O segundo homenaxeado atópase en EE.UU. perfeccionándose no tenis, unha disciplina na que xa destaca dende pequeno, polo que delegou no seu avó a recollida do premio. Un emocionado e orgulloso Emilio Morillo deu as grazas no seu nome e no do seu neto, asegurando que estos recoñecementos non se deben ver como algo persoal senón como un premio a todo o deporte que se practica na Rúa “todos os premios teñen o seu significado pero se cho concede o pobo no que naciches o significado é especial e único”, remataba a mensaxe remitida por Luís Morillo.

Ademais do deporte, tamén o ensino tivo o seu protagonismo no acto, da man da directora do CEIP Manuel Respino, coñecido como grupo escolar, Mª Teresa Fernández, que recollía o premio polo 50 aniversasio do centro. A placa entregábanlla o tenente alcalde da Rúa, Luís Fernández e a propia alcaldesa, asegurando que é “un inmenso pracer que este recoñecemento se faga estando eu na alcaldía, porque é unha verdadeira honra que unha institución docente se manteña durante tantos anos”.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button