PolíticaÚltima hora

O deputado Davide Rodríguez reúnese coa IXP Pataca de Galicia

O sector ourensán amósase preocupado e pide máis información nos concellos afectados sobre a praga da couza

Os representantes do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia trasladábanlle a Davide Rodríguez, deputado ourensán de En Marea, a súa preocupación pola praga da couza e a necesidade de máis información sobre este problema. O parlamentario galego mantiña un encontro con membros deste sector, entre os que estaba o presidente da IXP, Xulio Gómez, na mañá do 23 de febreiro en Xinzo de Limia.

Tras o encontro, Davide Rodríguez manifestaba o seu compromiso de levar á Cámara galega novas iniciativas como o control sobre as indemnizacións e o seguemento e sanción das persoas que desoian a prohibición de plantar nas zonas afectadas.

Este deputado natural de Manzaneda tamén recollía as peticións do pleno do Concello, subscritas por Xinzo Adiante, de esixir ao Goberno central e á Xunta “medidas urxentes para evitar a propagación da praga e a todas as administracións con compentencias unha campaña de información a todos os sectores implicados, ademais de tarefas de análise e asesoramento técnico por parte da Deputación Provincial”.

Artigos relacionados

Back to top button