Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

O deputado de En Marea, de visita en Vilamartín e A Rúa

David Bruzos reuniuse con veciños da localidade de San Vicente, e dos concellos da Rúa e de Petín

Ao longo de dúas xornadas, o deputado de En Marea, David Bruzos, visitaba diferentes puntos da comarca de Valdeorras. O luns 25 de abril achegábase ata O Barco de Valdeorras con visita ao HCV e aos sectores da lousa e do viño. E o martes 26, desprazábase ata os concellos de Vilamartín e da Rúa.

Bruzos aproveitou a estancia na comarca para visitar a aldea de San Vicente (Vilamartín de Valdeorras) e interesarse pola reivindicación dos veciños. “Sorprende a pasividade da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, xa que nestes momentos, a estrada de acceso a San Vicente está oficialmente cortada, debido ao penoso estado no que se atopa a aba sobre a que practicamente pendura a localidade”, explican dende En Marea.

Trala xuntanza en San Vicente, o David Bruzos reuniuse con veciños da Rúa, Petín e Vilamartín na Rúa, xunto ao representante de Podemos A Rúa e Petín, Íñigo Ansotegui. Alí expuxo o traballo realizado durante os seus catro meses no Congreso. Entre os temas tratados destacou a construción da A-76 anunciando que “En Marea está preparando un debate monográfico intercomarcal no que todos os actores sociais e políticos involucrados se reunan con expertos na materia para determinar o mellor xeito de mellorar a comunicación entre Ponferrada e Ourense, tanto en infraestructuras como en transportes públicos”.

Artigos relacionados

Back to top button