PolíticaÚltima hora

O deputado popular Moisés Blanco di que o novo TAC do HCV funcionará en xuño

Facía estas declaracións tras abordar este tema co presidente da Xunta de Galicia en Santiago
O presidente da Xunta co deputado autonómico do PP, Moisés Blanco.
O presidente da Xunta co deputado autonómico do PP, Moisés Blanco.

O novo TAC do Hospital Comarcal de Valdeorras (HCV) estará funcionando o vindeiro mes de xuño. Así llo confirmaba o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ao deputado do PP Moisés Blanco Paradelo nunha reunión que mantiña en Santiago recentemente.

Este equipamento fora aprobado no Consello da Xunta, xunto con outras actuacións, por un importe conxunto de 88 millóns de euros, para renovar a dotación tecnolóxica de centros sanitarios no Servizo Galego de Saúde.

No que se refire ao proceso de adxudicación do lote, no que está incluído o equipo, “na primeira quincena de abril está previsto que se reúna a mesa de contratación para avaliar os informes técnicos das correspondentes empresas para, a continuación, proceder a reunir novamente á mesa para apertura dos sobres das ofertas económicas e, trala avaliación conxunta de ambas, realizarase a proposta de adxudicación”, segundo Blanco Paradelo.

Artigos relacionados

Back to top button