DeportesÚltima hora

A 3ª edición da Desafío 42 pasará por Maceda, Ourense e Allariz

A carreira distribuirase en tres etapas de 6, 15 e 21 quilómetros entre os días 14 e 15 de maio
Presentación da carreira Desafío 42 Ourense Termal, esta mañá.
Presentación da carreira Desafío 42 Ourense Termal, esta mañá.

Os concellos de Maceda, Ourense e Allariz acollerán a terceira edición da carreira Desafío 42 Ourense Termal, unha práctica deportiva promovida pola Deputación Provincial na que os participantes percorrerán 42 quilómetros en tres carreiras. O evento celebrarase entre os días 14 e 15 de maio.

A proba presentouse esta mañá, 5 de maio, na contorna termal das Burgas, en Ourense, e contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o alcalde de Maceda, Rubén Quintas, e os concelleiros de Deportes de Ourense e Allariz, Mario Guede e Helena Suárez. Tamén estivo presente o director da carreira, Serafín Martínez, entre outros.

A Desafío 42 persigue o obxectivo de promover o atletismo e difundir a riqueza termal e paisaxística da provincia ourensá. En palabras de Baltar, “ademais do atletismo, abrangue a promoción dos concellos pola que discorre a proba e tame´n pon en valor a riqueza termal que posúe a nosa provincia”.

Os participantes deberán realizar unha inscripción previa antes do vindeiro 10 de maio. As canles para realizala poden ser a través da web www.championchipnorte.com, ou de maneira presencial no Serviocio Eiroás Ourense.

A proba comenzará o sábado 14 de maio ás 16 horas, coa disputa da primeira carreira, de seis quilómetros, en Maceda. Ese mesmo día, ás 21 horas, terá lugar a segunda etapa, de 15 quilómetros, por Ourense. E na xornada do domingo 15 de maio, disputarase a última fase, unha media maratón de 21 quilómetros que discorrerá polo Concello de Allariz.

Artigos relacionados

Back to top button