EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O director de internacionalización do Igape visita aos colleiteiros do Ribeiro

Os membros da Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro, con Abel Veiga.
Os membros da Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro, con Abel Veiga.

Dar a coñecer no mercado exterior os seus viños e estar presentes noutros países é algo que a Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro considera clave para a supervivencia deste sector. De aí o interese da visita que o director de Internacionalización do Igape, Abel Veiga, realizaba o 21 de xullo á sede desta entidade ourensá, no Parque Naútico de Castrelo de Miño. Nela Veiga explicaba as novas liñas de actuación do Igape para a saída ao exterior de empresas galegas e tamén escoitaba as preguntas e suxerencias dos colleiteiros.

Artigos relacionados

Back to top button