En portadaÚltima hora

O documental “Lobos sucios”, no ciclo de cine do Xardín Botánico de Madrid

Este traballo, dirixido polo rues Felipe Rodríguez, proxectarase neste emblemático lugar o 19 de outubro
Felipe Rodríguez, nun dos momentos da rodaxe do documental nas minas de wolfram de Casaio (Carballeda de Valdeorras)./ Foto: Carlos G. Hervella.
Felipe Rodríguez, nun dos momentos da rodaxe do documental nas minas de wolfram de Casaio (Carballeda de Valdeorras)./ Foto: Carlos G. Hervella.

As relacións entre home, natureza e paisaxe abórdanse no “III Ciclo de Cine. Paisaxe no Real Xardín Botánico de Madrid”, que se está a desenvolver neste mes de outubro. Desta volta ponse ademais o foco na capacidade transformadora do ser humano. Entre os filmes que poden verse nesta edición figura un traballo valdeorrés. Trátase do documental “Lobos sucios” (2006), do rues Felipe Rodríguez.

A súa proxección está prevista para o vindeiro 19 de outubro. Esta obra rescata a historia da explotación de wolfram na época nazi nas minas de Casaio, e no entorno do singular e máxico bosque do Teixadal, e serviu de base para a película do mesmo título que se estreaba con gran éxito o pasado abril.

Cartaz deste ciclo de cine e paisaxe no Xardín Botánico de Madrid.
Cartaz deste ciclo de cine e paisaxe no Xardín Botánico de Madrid.

No programa do ciclo califícase a “Lobos sucios” como un “exercicio de reconstrución da historia e o territorio, unha persecución das pistas que deixamos sobre as nosas paisaxes. Como un intento de descifrar o palimpsesto no que vivimos, o director busca as trazas da historia para contarnos algo que caíu no esquecemento”. Dentro deste ciclo tamén se inclúen longametraxes como El Olivo (2016) de Iciar Bollaín.

Artigos relacionados

Back to top button