ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O “Energytruck” de Gas Natural Fenosa fai parada no Barco de Valdeorras

Un gran camión sostible amosa, de forma interactiva, que é a enerxía e o seu consumo responsable

Durante o ano 2016, a exposición Energytruck, o camión itinerante deseñado polo Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa  está a percorrer 111 municipios da xeografía española para facer chegar os coñecementos relacionados coa enerxía, o medio ambiente e o patrimonio industrial dun xeito ameno, interactivo e con actividades didácticas conducidas por educadores especializados.

A exposición comezaba a súa ruta pola provincia de Ourense no Barco de Valdeorras, instalado durante a xornada do 24 de outubro no Malecón.  Ao longo da mañá pasaron polo camión, membros de diferentes asociacións como Morea ou Asfaval, así como alumnos de centros escolares da vila, que atenderon as explicacións dos educadores sobre que é a energía, as diferentes fontes (non renovables e renovables) e como podemos consumila de forma responsable. A mostra bota asemade unha ollada ao pasado para coñecer os cambios históricos e o avance social que supuxo a chegada do gas e da electricidade, e tambén ao futuro, para descubrir como será a enerxía dentro duns anos.

Pola tarde, o camión abrirá ás portas á poboación en xeral e, ao longo das vindeiras semanas, proseguirá o seu percorrido por  Verín, Xinzo de Limia, Allariz e Ourense cidade.

Na galería de imaxes podemos ver aos alumnos de 3º de Primaria do CEIP Julio Gurrirán durante a actividade.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button