DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O equipo sénior do MV O Barco remata a liga regular

Os barquenses acababan perdendo 50-62 ante o líder, o Tui, no pavillón de Calabagueiros

O faroliño vermello da clasificación contra o líder. MV O Barco contra Tui. Ese era o último partido da liga regular no grupo sur da segunda división galega de baloncesto sénior, a disputar no pavillón de Calabagueiros na maña do 19 de febreiro.

Despois de vencer en Santiago a La Salle na anterior xornada (a primeira vitoria da tempada para os vermellos) e malia contar con moitas baixas, os séniors do MV Barco saltaban á cancha con enerxía chegando a poñerse por diante no marcador, nos primeiros minutos do partido. Aínda así, os pontevedreses demostraron porque lideran a clasificación e finalmente superaban aos barquenses por 50-62.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button