ConcellosÚltima hora

O Escuadrón de Cabalería da Garda Civil en Galicia, no marco da “Operación Lumes”

Conta con dúas bases de operación, unha na provincia de Ourense e outra na de Pontevedra
Acto de presentación deste escuadrón na provincia de Ourense.
Acto de presentación deste escuadrón na provincia de Ourense.

San Benito de Cova de Lobo (Barbadás) convertíase na mañá do 23 de xullo en escenario da presentación oficial do Escuadrón de Cabalería da Garda Civil, que desenvolverá este verán a súa actividade en Galicia no marco da “Operación Lumes”. O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, participaba neste acto xunto aos integrantes deste escuadrón destinados na provincia de Ourense e ao xeneral xefe da 15 Zona da Garda Civil, José María Feliz Cadenas.

No encontro, no que tamén estiveron a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o subdelegado do Gobierno en Ourense, Roberto Castro, amosáronse as capacidades do Escuadrón de Cabalería da Garda Civil, que presta servizo de apoio á Xunta dende o pasado 1 de xullo e que integra o operativo, tanto preventivo como de investigación, que leva a cabo a Gardia Civil na loita contra incendios en Galicia.

O escuadrón que opera na comunidade galega está integrado por 16 cabalos e 20 gardas civís, que se reparten en dúas bases de operación, unha na provincia de Ourense e outra na de Pontevedra.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button