OurenseÚltima hora

O Espazo Lusquiños de Ourense énchese de afeccionados aos videoxogos co TMV 2016

O torneo reunirá a máis de 300 participantes entre esta fin de semana e a primeira de novembro
Cartel da edición 2016 do TMV.
Cartel da edición 2016 do TMV.

A paixón polos videoxogos inundará o Espazo Lusquiños de Ourense nas vindeiras fins de semana. Os días 29 e 30 de outubro e o 4 e 5 de novembro, este local será sede das diferentes probas do Torneo de Magic e Videoxogos TMV Cidade de Ourense 2016, un evento no que participarán máis de 300 persoas e se prevé unha asistencia total de máis dun milleiro de persoas procedentes do panorama nacional e mesmo de Portugal. A cita presentábase na mañá do 25 de outubro no salón de plenos do Concello de Ourense nun acto que contou coa presencia da concelleira de Xuventude, Sofía Godoy.

“Os beneficios deste tipo de xogos para a axilidade mental e a relación social dos máis novos saltan á vista e o Lusquiños é o marco perfecto para desenvolver esta cita”, valoraba a edil. O evento acada xa a súa oitava edición e, segundo os organizadores do evento, Alberto Núñez e Miguel Pérez, “vai recollendo novos participantes cada vez”. Explicaron así mesmo que se repartirán preto de 3.000 euros en premios. Máis información e inscricións na páxina de Facebook do TMV ou nas tendas Xogón e El Octavo Pasajero.

Artigos relacionados

Back to top button