OurenseÚltima hora

O espectáculo infantil “Gatuxo” de Magín Blanco chega a Ourense

As representacións serán os días 23, 24 e 25 de maio con dúas funcións diarias no Auditorio Municipal
Magín Blanco (centro), na representación de “Gatuxo”.

Máis de 2.450 alumnos de educación infantil de 44 centros escolares de Ourense e provincia, asistirán ao espectáculo musical e teatral “Gatuxo” de Magín Blanco, incluído na programación de actividades para escolares de Afundación. As representacións terán lugar os días 23, 24 e 25 de maio con dúas funcións diarias, ás 10 e ás 12h. no O Auditorio Municipal de Ourense (rúa da Canle, 2).

Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos e o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz. É unha metáfora do crecemento dos nenos e nenas e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística. Un bebé sae dunha caixa e a través dela van xurdindo xogos con que se descobre a si mesmo: o seu primeiro sorriso, os seus sons, os pés, o arrincar a gatear… Diferentes espazos amosan a descuberta do mundo na vida cotiá.

Artigos relacionados

Back to top button