OurenseSen categorizarÚltima hora

O físico Dosi Veiga fala das mellores imaxes tomadas este ano pola NASA, no Ateneo

O relatorio está pensado para o público en xeral e nel se viron imaxes tan interesantes como unha aurora boreal en forma de ave fénix

O Ateneo de Ourense acolleu, por terceiro ano consecutivo, unha charla sobre astronomía. Como as anteriores edicións, farán un repaso polo máis significativo sobre a astronomía durante o último ano, empregando as fotografías que publica a diario o APOD (Astronomical Picture Of the Day), da NASA.

Esta cita contou cun relator de excepción, Dosi Veiga, licenciado en física pola Universidade de Santiago e que conta con máis dunha década en actividades variadas no campo da divulgación científica. Asemade, colabora con varias asociacións de astrónomos afeccionados (AstroVigo e Ourense Astronómico) e forma parte das xuntas directivas da Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica.

Tanto esta web como o relatorio están pensados para un público xeral, non especializado, coa intención de contribuíu á divulgación da ciencia en xeral e a astronomía en particular. Desde hai varios anos, é xa unha tradición que un dos autores da web da NASA, Jerry Bonnel, dea unha charla xusto despois do Nadal en Nova York, compilando as fotografías máis destacadas do ano anterior. O obxectivo do Ateneo é introducir esta tradición de aninovo en Galicia, da man deste tradutor ao galego da NASA.

Está previsto que esta mesma charla sexa realizada na Coruña, Santiago e Vigo. Este poñente é o máximo responsable da tradución ao galego do APOD da NASA dende abril de 2011, en www.aopdgalego.com.

Artigos relacionados

Back to top button