DeportesÚltima hora

O fútbol sala regresa a Calabagueiros cos Tres Cuñados

5-3 gañaba o conxunto valdeorrés ao Zamora F.S. no amigable disputado na tarde do 3 de setembro no Barco
Xogada do Tres Cuñados F.S. en Calabagueiros.
Xogada do Tres Cuñados F.S. en Calabagueiros.
O míster Xocas Miranda dando instruccións aos xogadores.
O míster Xocas Miranda dando instruccións aos xogadores.

Cunha vitoria. Así estreaba a tempada 2015/2016 o Pizarras 3 Cuñados F.S. en Calabagueiros na tarde do 3 de setembro. E facíao no amigable ante o Zamora F.S. conxunto que compite na categoría de prata ao que vencía por 5 goles a 3.

Tras unha primeira metade tranquila, na que ámbolos dous planteis tentaban o terreo de xogo e que remataba con 1-0 (gol de Bruno para os locais), chegaría a segunda metade, moito máis intensa e dinámica na que se marcaban os outros sete goles: catro para o cadro local de Bruno, Josiño e Corzo (o cuarto marcábano os zamoranos en propia meta); e tres dos visitantes que tentaron por tódolos medios empatar sen conseguilo.

Con este resultado o equipo valdeorrés segue preparando a campaña en Segunda B que comezará o 19 de setembro en casa.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button