ConcellosÚltima hora

O grupo Pándega porá música ao magosto nos Anguieiros (Quiroga)

A Asociación Boca do Monte organiza para mañá unha xornada divulgativa e festiva en torno á castaña
Cartaz da "xornada castañeira".
Cartaz da “xornada castañeira”.

Para reivindicar a importancia da castaña na contorna de Anguieiros-Montefurado (Quiroga), a Asociación Boca do Monte organiza para mañá, sábado 29 de outubro, unha xornada “castañeira” con diferentes actos.

De 11 a 13 horas realizarase un pequeno percorrido por Os Anguieiros para coñecer “caniceiras” ou “canizos” nos que antigamente se secaban as castañas. No transcurso do circuíto representantes de Caurelor, darán unha charla sobre a castaña e a súa experiencia persoal e profesional na comercialización deste produto. “A idea é que os veciños do lugar tamén participen contando as súas vivencias cando a castaña era tan importante para as familias de Os Anguieiros”, puntualizan dende Boca do Monte.

Xa pola tardiña, a partires das 19 horas celebrarase no “Portaleiro” (praza de entrada a Anguieiros) un magosto popular con ciño, licores e castañas asadas. O apartado musical da festa correrá a cargo do grupo de música tradicional Pándega.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button