EconomíaEconomíaÚltima hora

O helicóptero do 061 copou a atención do público na clausura de Previsel

O Salón de Prevención e Seguridade Laboral, Previsel, clausurou hoxe, 10 de maio, a súa vixésimo segunda edición cunha exhibición do helicóptero sanitario do 061 que copou a atención dos visitantes, entre outras actividades. Segundo as cifras achegadas por Expourense, as máis de 30 actividades chamaron a atención de 2.000 persoas.

Esta clausura estivo presidida pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, que destacou que “a loita pola siniestralidade laboral ten o obxectivo de concienciar á poboación traballadora sobre a importancia da mesma para impulsar así unha auténtica cultura de prevención”. Tamén engadiu que que “a seguridade laboral é agora un símbolo de calidade, competitividade e eficiencia da empresa”.

A delegada estivo acompañada por numerosos membros do padroado da Fundación Expourense. Entre eles tamén estivo o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; a tenente de alcalde do Concello de Ourense, Sofía Godoy ou o vicepresidente da CEO, Alejandro Cruz. Durante este acto de clausura foron entregadas tamén as placas de agradecemento ás entidades e empresas que apostaron por Previsel. Expourense tamén aproveitou a ocasión para recoñecer o apoio e compromiso con Previsel da, até hai pouco, delegada de Comisións Obreiras en Ourense, Ana Barrios.

Entre as actividades celebradas hoxe, destacou a mesa sobre a violencia de xénero ou a xornada sobre prevención de riscos nos edificios, así como a xornada organizada pola CIG sobre acoso laboral. Tamén a CEO impartiu unha sesión sobre como xestionar a idade dos seus traballadores e o envellecemento do cadro de persoal.

 

Artigos relacionados

Back to top button