Galerías de fotosÚltima hora

“Love natural”, máis que un herbolario, na Rúa

A localidade valdeorresa de A Rúa conta dende hoxe, venres 14 de novembro, cun novo centro de produtos naturais sito na rúa Silveira, Nº 5. Pero non se trata dun herbolario calquera, senón dun novo concepto no que ademais de produtos eco e fitoterapia, o cliente pode atopar unha selección de artigos de inspiración vintage, algúns deles chegados dende Inglaterra. De feito o nome “Love natural. Herbolario & Pop up store” fai referencia aos dous ambientes creados no establecemento, no que igual podes mercar un complexo vitamínico que un xogo de té ou un pano.

A decoración é outro dos encantos deste novo local da Rúa, ao fronte do cal se atopan Andrea e Julia, filla e nai. “Quixemos crear un ambiente cálido e acolledor estilo anos 50, co rosa pau e as flores como eixe central” explica Julia responsable da restauración de boa parte dos mobles, “un estilo retro-vintage, esa é a idea” apunta Andrea.

Á parte dos produtos que se poden mercar, unha vez ao mes estará no herbolario unha nutricionista e un naturópata.

Ilusionadas e nerviosas, Andrea e Julia comezan unha nova etapa, na que contan co apoio de toda a familia e amigos “todo está feito con moito amor e esperamos transmitilo e que guste” asegura Julia.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button