CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O IES Lauro Olmo do Barco conmemora o Día do Libro cun roteiro literario en torno ao río Sil

Un cento de rapaces participaron na actividade que incluíu o traslado en lancha dende Porto da Barca ata o Areal de Viloira

En torno ás doce da mañá do 26 de abril, un grupo de alumnos e profesores do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras cruzaban o río nunha lancha neumática preparada para a ocasión e dirixida por ViaNova Aventura, dende o embarcadeiro de Porto da Barca ata o Areal de Viloira. Era unha das actividades do roteiro literario polas beiras do río Sil que levaron a cabo ao longo da mañá para conmemorar o Día Mundial do Libro.

Combinando actividades na natureza, a historia e o fomento da lectura, o programa no que participaron uns cen rapaces e quince profesores, desenvolveuse por grupos e incluíu a lectura en público nas beiras do río baixo árbores de ribeira; a visita á exposición sobre Florencio Delgado Gurriarán na Bibliteca Municipal do Barco; e a lectura sobre Carlos Casares dando comezo á conmemoración das Letras Galegas deste ano.

A actividade remataba na praza Andrés de Prada uníndose á reivindicación da figura do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán dentro do programa “As letras de Florencio”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button