Galerías de fotosSen categorizar

O IEV programa varias actividades culturais en Valdeorras

Visita guiada aos museos do Paladium para o sábado 26 de abril

Dende o fomento da lectura ata a homenaxe aos “Escarbadores, O IEV programa tres actividades para os vindeiros días. A primeira terá lugar hoxe mércores 23 de abril con motivo do Día Internacional do Libro. Lugares públicos como bancos, prazas, a estación de tren e a de autobuses, serán os lugares nos que “liberaremos 60 libros de fondos editoriais do Instituto con temas de poesía e historia para que cheguen á poboación de forma totalmente gratuíta” explica o presidente do IEV Aurelio Blanco.

A seguinte actividade está prevista para o sábado 26 de abril. Trátase dunha visita guiada polos Museos do Paladium: o exterior, o da radio e o das artes gráficas. O lugar de encontro será o cruceiro do complexo hostaleiro ás 12:15h. e a visita terá unha duración aproximada de 1 hora e 15 minutos.

Dende o IEV tamén están traballando nunha homenaxe aos “Escarbadores” aínda pendende de data, que consistirá nunha exposición de fotografías e obxectos “deste grupo de voluntarios que conseguiron importantes descrubrimentos das épocas prerromana e romana”. Tamén haberá un pase de diapositivas e conferencia no segundo andar do Casino do Barco de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button