ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O IEV tamén homenaxea a Manuel María

O casino do Barco acolle ata o 30 de setembro unha colección de retratos do literato

Exposicións, conferencias, recitais, concursos,… son os actos organizados polo Instituto de Estudos Valdeorreses en torno á figura de Manuel María a quen estivo adiado este ano o Día das Letras Galegas.

Dúas desas actividades tiñan lugar na tarde do 26 de maio nas dependencias do Casino do Barco de Valdeorras. Por unha banda a presentación por parte do xornalista e escritor Xosé Manuel del Caño do libro “Conversas con Manuel María”, Poeta da Terra Cha. E por otra banda, a inauguración da exposición de retratos “48 momentos con Manuel María, serie roxa” do pintor, editor e profesor Miguel Ángel Martínez Coello, tamén presente no acto que foi presentado por Mª Carmen Gago Florenti (presidenta da sección poético-literaria do IEV) e polo presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado. A mostra estará aberta ata o 30 de setembro.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button