DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O III Torneo Internacional de Fútbol Sala de Verín contará con equipos de 1ª división de toda a península

Os partidos disputaranse do 12 ao 14 de abril en tres instalacións deportivas da vila

Verín acollerá do 12 ao 14 de abril, a III edición do Torneo de Fútbol Sala organizado por VerinFut5al e o Concello, coa colaboración da Adega Tapias de Mariñán, Grupo Teiba e a Deputación de Ourense.

O torneo, único nas súas características na provincia de Ourense, desenvolverase en tres instalacións deportivas na vila (no Pavillón Municipal de Verín,no complexo deportivo A Granxa e e no Colexio María Imaculada) e contará coas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete masculino e feminino, e xuvenil.

A presentación do evento deportivo que se celebrará en plena Semana Santa, tiña lugar na mañá do 24 de marco, da man do alcalde de Verín, Gerardo Seoane e do coordinador do torneo, Afonso Delgado. Tal como avanzaron non acto, na pasada edición participaron un total de 56 equipos, o que supuxo -entre equipos e corpo técnico- un total 700 persoas, procedentes de Castilla la Mancha, Galicia e Portugal.

Nesta ocasión, as inscricións estarán abertas ata o 9 de abril pero entre os equipos confirmados xa se atopan conxuntos de gran nivel como o Palma Futsal da primeira división española e o club campión da liga portuguesa xuvenil, Contacto Futsal, esperando chegar ao tope: 72 equipos.

Máis información na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button