EconomíaEconomíaÚltima hora

O IV Salón Gastronómico do Barco, os días 1 e 2 de agosto no Malecón

Contará con 16 expositores e retomará nesta edición o concurso de bocadillos
O alcalde do Barco, Alfredo García, e a concelleira de Turismo, Irene Dacal, na presentación do IV Salón Gastronómico./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O alcalde do Barco, Alfredo García, e a concelleira de Turismo, Irene Dacal, na presentación do IV Salón Gastronómico./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Doces diversos, viños, marmeladas, sidras… Algunhas das mostras máis singulares da gastronomía galega e do norte luso poderán degustarse e mercarse no decurso do IV Salón Gastronómico da Eurorrexión, que se celebrará os días 1 e 2 de agosto no Barco. O Paseo do Malecón (á altura do Casino) acollerá a 16 de expositores (dos cales ser´n valdeorreses) e converterase así en escaparate dos produtos de calidade e, máis en concreto, daqueles que posúen o selo de “Excelencia. Produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal”. Ademais na mostra contarase con demostracións de olería da man dun alfareiro portugués.

Tamén se retomará o concurso de bocadillos neste salón, así o explicaba a concelleira de Turismo, Irene Dacal, na rolda de prensa na que presentaba o programa deste certame, xunto ao alcalde do Barco, Alfredo García. O único requisito para poder participar nste concurso, que se celebrará na tarde do 2 de agosto, é que o bocadillo teña, como mínimo, un ingrediente mercado nesta mostra. Un xurado seleccionará os tres mellores bocadillos e os seus autores recibirán como premio unha cesta de productos de Excelencia.

Este salón gastronómico será organizado dende o Eixo Interior a través do Centro de Promoción de Produtos Tradicionais (CPT) do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button