EconomíaEconomíaÚltima hora

O Mercaberto 2014 ponse en marcha o 22 de agosto

O recinto feiral instalarase, como o pasado ano, no Paseo do Malecón do Barco
Imaxe da pasada edición do Mercaberto, no Malecón do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe da pasada edición do Mercaberto, no Malecón do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Nos ao redor de 16 postos cos que contará o Mercaberto 2014 o público poderá atopar multitude de oportunidades en diversos produtos como prendas de vestir, calzado ou complementos, entre outros. Poranse á venda a prezos moi atractivos, pero mantendo a calidade de sempre.

A sexta edición deste mercado de oportunidades, que organiza O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) en colaboración co Concello, porase en marcha no Paseo do Malecón (nas proximidades de Correos) a partires das sete da tarde do venres 22 de agosto cun horario que se prolongará ata as 23h. Xa a partir das 23 h. terá lugar a actuación musical do grupo valdeorrés Los Correctos.

O Mercaberto proseguirá na xornada do sábado 23 de agosto cun horario de 11h. a 14h. e de 19h. a 23h. Asemade está prevista nesa mesma tarde unha “Festa de auga”, dirixida aos máis pequenos.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button