EconomíaEconomía

O Ministerio de Industria formará a dinamizadores turísticos para fomentar o “top ten” da provincia

Esta acción formativa poderase levar a cabo grazas a un convenio asinado coa Deputación, cun orzamento de 500.000 euros
Manuel Baltar e Fernando Bayón.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o director xeral da Escola de Organización Industrial (EOI), dependente do Ministerio de Industrial, Fernando Bayón, asinaron hoxe, 25 de abril en Madrid, na sede central desta entidade, un convenio de colaboración “que permitirá formar a dinamizadores turísticos para promocionar e atender as necesidades turísticas do top ten ourensán, a selección dos dez lugares máis destacados da provincia de Ourense, que determinará o Plan de turismo cultural e creativo da provincia”, sinalan fontes da Deputación.

No marco deste acordo, a EOI achega para desenvolver esta acción formativa un orzamento de 500.000 euros, “que permitirá facer realidade o acordo plenario que selaba o Plan de turismo cultural e creativo da provincia de Ourense, unha medida máis do goberno provincial para seguir difundindo a “marca Ourense” e as potencialidades que leva consigo no ámbito do patrimonio histórico, cultural, natural e do termalismo”, dixo o presidente da Deputación, Manuel Baltar.

O plan formativo de dinamizadores turísticos está orientado con perfil preferente cara os titulados da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button