DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O murciano Rubén Fernández é o novo líder da Volta 16

O corredor francés do FDJ Geniez conquista o Mirador de Ézaro na tercera etapa da ronda mentres o español viste a camiseta vermella

Alexandre Geniez (FDJ) conquistaba, na tarde do 22 de agosto, a primeira chegada en alto da Volta a España 2016, na terceira etapa, de 176,4 quilómetros entre Marín e o Mirador de Ézaro, que volvía á carreira tralo seu gran éxito na edición de 2012. O corredor francés foi o único que resistiu da fuga da xornada gañando en solitario por diante do murciano Rubén Fernández (Movistar), novo líder da carreira logo dunha gran subida ao mirador galego.

No grupo de favoritos, o equipo Movistar dominou as rampas do minador, especialmente grazas ao que é agora o novo líder da carreira que seleccionou o grupo ata quedarse só cos seus líderes Quintana e Valverde e o colombiano Esteban Chaves (Orica-BikeExchange), para despois atacarlles na última rampa e coller uns segundos que lle valeron para vestirse co maillot vermello.

O terceiro da carreira por terras galegas foi Alejandro Valverde, tamén do equipo español, Movistar.

Artigos relacionados

Back to top button