CulturaCulturaÚltima hora

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá unha conversa sobre a posguerra no Ribeiro

Rúa do Progreso, entón de José Antonio. Foto Chao. Anos 40.

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá mañá, 26 de abril ás 20:00 horas, a conversa “A posguerra no Ribeiro”, con Anxo Collarte Pérez.

Collarte Pérez é licenciado en Historia e DEA en Historia Contemporánea, pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor de Educación Secundaria dende o ano 2004. Durante o seu relatorio, falará de aspectos da vida cotiá na comarca do Ribeiro nos anos corenta e a primeira metade do século pasado; en especial, aproximará aos asistentes ao eido das condicións de vida e de traballo neses duros anos.

Artigos relacionados

Back to top button