CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Valdeorrés celebra este sábado o Concerto de Primavera

Xunto ao coro de Valdeorras actuarán a Agrupación Polifónica de A Guarda e a Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos
O Orfeón Valdeorrés.
O Orfeón Valdeorrés.

Unha en casa e outra fóra. Son dúas as actuacións previstas polo Orfeón Valdeorrés para este mes de maio. A primeira, organizado polo propio coro, é o Concerto de Primavera programado para este sábado 7 de maio ás 20 horas no Teatro Lauro, no que participarán como corais convidadas, a Agrupación Polifónica de A Guarda e a Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos.

Cartaz do Concerto de Primavera, no Barco de Valdeorras.
Cartaz do Concerto de Primavera, no Barco de Valdeorras.

E unha semana máis tarde, o domingo 15 de maio, viaxarán atar terras pontevedresas para participar no IV Certame Galego de Corais “Vila de Arbo” no que participarán outros catro coros: Coral Polifonica San Blas de Budiño (O Porriño), Coral da Agrupación Musical do Rosal; Coral Polifónica Rivera Atienza (Vigo) e Orfeón Trivés (A Pobra de Trives).

Artigos relacionados

Back to top button