CulturaCulturaSen categorizar

O ourensán Manuel Mandianes presenta “Viaxe sen retorno”

Nesta obra, presentada en Santiago, aborda o mundo da emigración
Acto de presentación do libro de Manuel Mandianes en Santiago.
Acto de presentación do libro de Manuel Mandianes en Santiago.

En “Viaxe sen retorno” o investigador ourensán Manuel Mandianes Castro reúne dez anos de traballo sobre a emigración. Son 178 páxinas nas que ofrece ademais unha visión persoal e sentimental da mesma e nas que inclúe diálogos con emigrantes de de diferentes nacionalidades, rexións e condicións que opinan sobre a súa experiencia persoal e o desarraigo que padecen.

Baixo un entramado antropolóxico-filosófico, o autor defende a tese de que o emigrante perde a súa estrutura persoal cando deixa o seu país, e que, aínda que regrese, resúltalle difícil recomporse. Dende o punto de vista de Mandianes Castro, toda esta problemática nace dunha mitificación errónea do lugar ao que se desexa emigrar e que se identifica cun paraíso onde poder realizar os seus soños. Sen embargo, ao chegar alí, dáse conta de que a realidade é outra e que o verdadeiro paraíso atópase no lugar que deixou atrás.

Esta obra presentábase publicamente na tarde do 17 de xuño no Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Santiago. Foi un acto no que participaban, ademais do autor, o conselleiro de Cultura, Xesús Váquez, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; e o presentador da TVG, Xosé Ramón Gayoso; acompañados tamén pola representante de Sotelo Blanco Edicións, Mari Carmen Romero.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button