ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O pasarrúas de movementos floreados da Garda Real no Barco, ao detalle

Eran milleiros os barquenses que se concentraban na tarde do 19 de maio no paseo do Malecón para asistir ao pasarrúas de movementos floreados da Garda Real na vila, unha das actividades incluídas na estadía que está a realizar a Garda Real na provincia de Ourense.

Nesta exhibición tamén participaba a cabaleiría e a sección de motos (con sete Harley Davidson). Tras ela eran numerosas as persoas que se achegaban para fotografarse cos membros das diferentes unidades da Garda Real. Ademais, dende o Malecón ata a beira do Sil, instalábanse unha tirolina na que desfrutaban os máis pequenos.

Mañá será a localidade de Verín a que acolla ás 11:00 horas un exercicio de escolta da sección de motos, guías caninos, cabaleiría e artilleiría.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis fotos e información:
https://osil.info/multitudinaria-exhibicion-da-garda-real-no-barco/
https://osil.info/guardia-real-loce-os-seus-uniformes-en-ourense/

Artigos relacionados

Back to top button