ConcellosÚltima hora

O plan de Emprego “Carbaemprega” empregou a 36 persoas dun total de 60 inscritos

 

Adolfo Nogueiras e José Alfonso Marnotes.

O Plan Integral de Emprego Carbaemprega “está cumprindo amplamente os obxectivos previstos de reinserción, a falta de catro meses para a súa conclusión”. Así o puxeron de manifesto hoxe, 25 de abril, o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, e o director xeral de Orientación e Promoción Laboral da consellería de Economía, Emprego e Industria, José Alfonso Marnotes, durante una reunión desenvolvida en Santiago.

Concretamente, das 60 persoas integradas neste plan, 36 xa están traballando, superándose polo tanto o 45% das persoas inscritas, que era o obxectivo marcado. Ademáis, a día de hoxe tamén se pode dicir que 34 destas persoas terán traballado un mínimo de 3 meses, que é o baremo establecido para a resinserción. Apuntan dende o Consistorio.

Posto que ainda quedan catro meses para a conclusión do plan, síguese traballando para que as persoas que ainda non o fixeron realicen prácticas e poidan incluso atopar traballo.

De aí que Adolfo Nogueira sexa optimista ao asegurar que antes do 31 de agosto, que é cando remata o plan, practicamente a maioría das persoas inscritas terán recibido “non só un longo período de formación, senón tamén de prácticas e de traballo, logrando a súa reinserción”. Durante a xuntanza, falaron dun novo Plan de Emprego, acordando manterse á espera dunha nova convocatoria para realizar a soliciitude. Asemade, valoraron a posibilidade de solicitar un obradoiro de emprego xuvenil, pero tamén se agardará á publicación das correspondentes convocatorias.

Artigos relacionados

Back to top button