Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O popular Avelino García confía en “revalidar a alcaldía con maioría absoluta”

O Centro Cultural Avenida da Rúa acollía o mitin do Partido Popular na tarde do 21 de maio
O candidato popular á alcaldía da Rúa, Avelino García Ferradal. /Foto: Carlos G. Hervella.
O candidato popular á alcaldía da Rúa, Avelino García Ferradal. /Foto: Carlos G. Hervella.

O Partido Popular ten na Rúa “unha candidatura excelente que representa fielmente ao futuro do concello”. Así calificaba á lista con Avelino García Ferradal á cabeza, coa que o PP da Rúa concorre ás eleccións do domingo, o presidente provincial do partido Manuel Baltar, o último en intervir no mitin celebrado na tarde do 21 de maio no Centro Cultural Avenida, o acto central da campaña electoral que culminará cos comicios o domingo 24 de maio.

O deputado no Congreso por Ourense, Celso Delgado, na súa intervención. /Foto: Carlos G. Hervella.
O deputado no Congreso por Ourense, Celso Delgado, na súa intervención. /Foto: Carlos G. Hervella.

O encargado de abrir o acto era o diputado no Congreso por Ourense Celso Delgado, quen asegurou que “un dos lugares máis fermosos que hai en Galicia como é A Rúa, de máis de 4.000 habitantes, coa importancia que tivo e ten, merece estar en mans dun goberno forte e nestes catro anos Avelino xa amosou a súa condición de liderazgo, con humildade pero tamén altura de miras”. Delgado Arce fixo referencia a dous proxectos polos que levan tempo loitando: o acceso ao Aguillón “un paso soterrado para que a xente poda atravesar sen problemas a vía do tren” e o enlace da N-120 “unha obra que esperemos se licite antes de que remate o ano”.

Avelino García, con cargos do PP e os candidatos populares de Petín e Larouco, antes do mitin na Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.
Avelino García, con cargos do PP e os candidatos populares de Petín e Larouco, antes do mitin na Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Deses dous proxectos falou tamén o candidato popular que confía en “revalidar a alcaldía con maioría absoluta”. No seu turno de intervencións (despois do voceiro do PP no Parlamento Galego, Pedro Puy, que avogou pola “cooperación”), García Ferradal fixo un repaso polas obras realizadas na Rúa nos catro anos de goberno, como a rebaixa da débeda, a primeira fase do saneamento, o selado do vertedoiro, as gradas e vestiarios do campo de fútbol, a rotonda de Campogrande ou a canceira comarcal, entre outras. E de cara ao futuro, os populares prevén novidades como a mofificación na ordenanza do imposto de obras, un centro de interpretación da cultura do viño e unha nova gardaría. “A Rúa estará bonita, faranse obras e apoiaremos aos nososo veciños, ese é o noso obxectivo” dixo Avelino García, asegurando que se sinten orgullosos “de que non houbo un só veciño da Rúa que pasara polas dependencias municiàis e non fose atendido”.

Artigos relacionados

Back to top button