Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O PP da Rúa presenta a súa candidatura

A lista encabezada por Avelino García Ferradal, inclúe moitos dos nomes da anterior lexislatura
A lista coa que o PP da Rúa concorre ás eleccións. /Foto: Carlos G. Hervella.
A lista coa que o PP da Rúa concorre ás eleccións. /Foto: Carlos G. Hervella.

“A mellor candidatura posible para gobernar o Concello da Rúa”. Así define o presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, a lista coa que o PP da Rúa concorrerá ás eleccións do 24 de maio.

Nun acto innovador, celebrado no Centro Cultural Avenida na tarde do 24 de abril, no que interviñeron algúns dos membros da lista, o candidato e actual rexidor, Avelino García Ferradal, exercía de mestre de cerimonias presentando un a un aos membros do seu equipo, moitos dos cales xa gobernaron con el nos últimos catro anos. É o caso de María Teresa Varela Ancochea que repite como número dous e María del Carmen Álvarez que conserva o cuarto posto. Cambia o tres, no que en lugar de Susana García Méndez, que baixa ata o seis, irá José María Casillas Campo, novo na candidatura, igual que o número 5, Diego González Moral.

O presidente do PP de Ourense na presentación da candidatura na Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.
O presidente do PP de Ourense na presentación da candidatura na Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

Completan a lista Miguel González López (6), Miguel González López (7), Elisa González López (8), José Francisco Saco Macía (9), Borja Antonio Leivas García (10) e María José Alonso Rodríguez (11). Como suplentes preséntanse Jesús Martínez Carballo, Ramón Díaz Macías, María del Carmen Quiroga Diéguez e María Eugenia Medina González.

O candidato popular e actual alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal. /Foto: Carlos G. Hervella.
O candidato popular e actual alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal. /Foto: Carlos G. Hervella.

Na súa intervención, o candidato a alcalde destacou “a importancia de acadar a maioría absoluta nos comicios de maio para que o Concello continue avanzando”, así como “a calidade humana e profesional do equipo que representa ó PP. Esta non é unha lista personalista, somos un gran equipo” dixo.

Artigos relacionados

Back to top button