Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O PP da Rúa presentará a candidatura o 24 de abril

Avelino García Ferradal encabeza a lista que se fará pública nun acto que se celebrará no Centro Cultural Avenida
O candidato do PP e actual alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal. /Foto: Carlos G. Hervella.
O candidato do PP e actual alcalde da Rúa, Avelino García Ferradal. /Foto: Carlos G. Hervella.

O vindeiro venres, 24 de abril, a partir das 20h. terá lugar no Centro Cultural Avenida a presentación da candidatura do Partido Popular da Rúa ás eleccións municipais de maio de 2015.

No acto “aberto a tódolos veciños do noso Concello” participarán tódolos membros da lista electoral do PP rues encabezada polo candidato á alcaldía, Avelino García Ferradal, ademais do presidente do PP en Ourense e presidente da Deputación Provincial, José Manuel Baltar Blanco.

Tamén nos próximos días o Partido Popular da Rúa celebrará unha “cea de confraternización para os afiliados e simpatizantes do PP da Rúa, así como para tódolos veciños que queiran coñecer os aspectos fundamentais do noso proxecto de futuro para o municipio”.

Artigos relacionados

Back to top button