Eleccións Xerais 26-XPolíticaÚltima hora

O PP de Ourense constitúe o comité de campaña das xerais

Trátase do primeiro en formarse a nivel español e está integrado por 25 persoas
Reunión do comité de campaña do PP de Ourense.
Reunión do comité de campaña do PP de Ourense.

Coa mirada posta nas vindeiras eleccións xerais do 26 de xuño, o PP de Ourense vén de presentar o seu comité de campaña, “o primeiro de España en poñerse en marcha”, tal e como se destaca dende este partido. Este órgano, que se encargará da organización e desenvolvemento da campaña electoral, estará presidido por Manuel Baltar, e como na anterior campaña, á fronte da coordinación de campaña e de organización estarán Rosendo Fernández e Jorge Pumar, respectivamente.

O presidente provincial, Manuel Baltar, destacaba que os populares ourensáns están “perfectamente preparados para afrontar, antes que ninguén, un novo proceso electoral, como así vimos de amosar na actividade orgánica destes meses”, demostrando ao mesmo tempo coa constitución do comité que “este é un partido das persoas”.

O comité de campaña do PP de Ourense está formado por 25 persoas e incorpora catro nomes con respecto á campaña anterior: Miri Barreira como responsable da campaña para os dirixentes nacionais; José Antonio Parente como presidente de Novas Xeracións; Luciano Iglesias, responsable de novas tecnoloxías e redes sociais; e Alberto Carnero en prensa.

Artigos relacionados

Back to top button